Cursos correspondentes ao ano 2024

A creación e manipulación de imaxes e un dos labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que as persoas participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero cunha nova composición de formas libres, de modo que tamén se adquirirán nocións básicas sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.

Actividade financiada por:

Trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.

Coa intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa, e así resumir e explicar figurativamente ideas e conceptos. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños. Para a elaboración de infografías e outros deseños vectoriais, traballarase principalmente coa aplicación Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómoda e de código aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.

Actividade financiada por:

Logotipo do CIXUG

A posta en marcha deste curso de "Análise estatística con RCommander" encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.

Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico privativo, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R no seu ámbito gráfico RCommander, software libre de referencia neste tipo de estudos.

Actividade financiada por:

Hai certos traballos dixitais que non se poden levar a cabo con procesadores de texto tradicionais se se queren obter resultados profesionais de publicacións como se poden ver nas revistas, periódicos ou libros comerciais. Para eses casos é necesario un software específico para autoedición e maquetación que faciliten e automaticen a composición, deseño e diagramación de páxinas. Pois Scribus fai posible a creación dunha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala.

Trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.

Actividade financiada por:

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administrado por Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto.

Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral.
A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análise de datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e a adaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datos institucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.

Actividade financiada por: