A posta en marcha deste curso de "Primeiros pasos con LibreOffice Calc" encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia "Galicia 2015.gal", e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

LibreOffice é un proxecto baseado en software libre, e está dispoñible de balde para ser descargado en varias plataformas, e en múltiples idiomas, o galego entre eles. Estase convertendo no paquete ofimático de maior crecemento, capaz de substituír a outros con maior traxectoria histórica de uso nun posto de traballo.

Neste curso presentamos as características máis importantes de LibreOffice Calc, no que os participantes coñecerán as funcións básicas desta folla de cálculo. Todo elo a través de materiais descargables, e de uso libre, así como de diferentes vídeos para aprender a utilizar as diferentes opcións do programa.

Cofinanciado por:

logotipos

Este curso é aberto. Podes acceder libremente como convidado.