A creación e manipulación de imaxes e un dos labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que as persoas participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero cunha nova composición de formas libres, de modo que tamén se adquirirán nocións básicas sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

Trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Cofinanciado por:

Patrocinios 2022